Inicio
Non esquezades acudir todos!
Trala estrea da man da Banda Municipal de Ribadumia, chega a Candeán “Carmen?”
Teatro + Música = Comedia musicada que non podedes perder!
Século XIX. GALICIA.
A famosa ópera Carmen, composta por Bizet, estréase en España e o lugar elexido é Galicia.
Que pode saír mal?
Todo?
Pois case… Non imos dicir máis…
Que non volo conten!!!
Idea orixinal e texto de Alberto Rocha
Dirección musical de Iago Lariño
Grupo de Teatro Alecrín de Ribadumia
Banda de música da UVCD de Candeán
Chegou a primavera! E en menos dun mes a décima edición da Primavera Musical.
PRIMAVERA MUSICAL
Candeán
26 de Maio
19h00
Acompañados dos nosos compañeiros das bandas Agrupación Musical de A Guarda e da Banda Música de Salvaterra, pasaremos unha boa tardiña.
Contamos con todos vos nos xardíns da asociación para que desfrutedes desta boa música.
Dende xa os nosos agradecementos á Unión Veciñal Cultural e Deportiva de Candeán e á Sociedade Pentagrama polo apoio e a axuda na organización en colaboración coa Deputación Pontevedra.
Ademáis de que os alumnos amosen o traballo do que levamos de curso, mañá estreamos a BANDA INFANTIL!
Que cartos non abondan pero bandas… infantil, xuvenil e ¿banda grande?
Os da infantil son os que levan pouquiño tempo co instrumento pero como tocar en conxunto é tan bo… Fixémoslle unha banda á súa medida!!
E despois destes meses traballando arreo, agardámosvos o 9 de maio ás 19h na Unión Veciñal Cultural e Deportiva de Candeán!
Xa está aquí!
Xa chega o NOSO concerto. Si, así, en letras ben grandes. Chega…
O CONCERTO DE SANTA ICÍA!!
Tomade nota:
- 25 de Novembro
- 20.30
- Unión Veciñal Cultural e Deportiva de Candeán
Contaremos coa actuación da afamada Banda Escola de Música de Candeán.
Ademáis, a Banda de música da UVCD de Candeán, teremos a honra de facer unhas interpretacións man a man!! son o noso futuro!!
Agardámosvos!!
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do concerto de onte no Concello de Vigo. Moito público e moi agarimoso.
Xa iremos publicando algún vídeo para que vexades o chulo que nos quedou!
Grazas por deixarnos desfrutar dos vosos aplausos.
E imos coa última cita musical do mes:
CICLO DE CINE
Si, como ledes, toca música de cine!
Ben é sabido que unha película sen música non é o mesmo…
Pois este domingo 22 ás 18h00 no auditorio do Concello de Vigo repasaremos as bandas sonoras de coñecidas películas dentro da programación do Concello.
Atréveste a xogar? Cantas poderás adiviñar?
O verán está a piques de rematar e na escola de música de Candeán volvemos á carga! Un ano máis, seguiremos pasando bos ratos, seguiremos dándolle uso ás novas aulas pero o máis importante é que seguiremos facendo música como só nós sabemos.
Agardamos contar con todos os do ano pasado e por suposto, estaremos encantados de que novos alumnos cheguen a nosa escola: sempre hai sitio para todos!
O próximo mércores 13 de setembro ás 19:30 teremos a reunión de presentación da escola de música de Candeán:
- Coñece as nosas estupendas instalacións.
- Profesorado titulado e especializado en cada materia.
- O mes de setembro será de portas abertas para poder probar as clases.
Esperámoste!!!
Este domingo o Auditorio de Ribadumia acolle o encontro entre dúas Bandas de Música amigas, a Banda Municipal de Ribadumia e a Banda de Música de Candeán.
19:00 horas. Entrada libre.
Benqueridos músicos, alumnos e demáis integrantes da familia da Banda de Música de Candeán:
Achégase nosa data favorita do ano: a celebración de Santa Icía que este ano ven acompañada do noso XXI aniversario.
Como cada ano tratamos de presentarvos un concerto diferente e de seguro que o deste ano non será unha excepción. De momento déixovos o cartel para ir facendo boca e xa vos irei descubrindo algun segredo.
Baleirade as axendas e reservádenos a tarde do sábado 19 de novembro!
Vémonos alí!
Un ano máis estamos preparándonos para acoller a todos aqueles que teñades a paixón de aprender música.
A reunión de comezo terá lugar o próximo mércores 14 de setembro ás 20h, na escola de música da UVCD de Candéan.
Todos aqueles nenos dende os 3 aos 100 anos estades convidados a asistir e meterlle o gusanillo ao corpo, botándolle un ollo ás nosas novas instalacións!
Vémonos alí!!