Qué ides facer o sábado á noitiña?? Sexa o que sexa cancelade o plan! Tráiovos un concertazo!
A Banda de Candeán versionará cancións de bandas sonoras coa inestimable axuda do gaiteiro Álvaro Costas, impulsor do espectáculo MITIC.
A cita será este sábado 16 de xullo ás 21h nos xardís da UVCD de Candeán. Ademáis, faremos unha recollida de donativos para as persoas desfavorecidas da parroquia polo que contamos con toda a vosa colaboración por pequena que sexa.
Déixovos o cartel pero xa vedes que é un concerto que merece a pena non perdelo!
Vémonos alí!