Co verán rematado e as pilas recargadas, a Escola da Banda de Música de Candeán volve a abrir as súas portas para todos vós un ano máis.
A oferta de instrumentos é moi amplia e abarca todos os gustos: linguaxe musical, xardín musical, banda escola, trompeta, frauta, clarinete, tuba, trompa, trombón, bombardino, saxofón, oboe, piano, percusión e violonchelo. Ademais, impartirase tamén o grupo de adultos que tanto éxito tivo nos últimos cursos.
Se queredes ter máis información, recomendámosvos que veñades este mércores día 10 de setembro ás 20h á reunión que terá lugar nas instalacións da escola.
Agardámosvos!