Escola de música: curso 2017 – 2018

escola20152016

O verán está a piques de rematar e na escola de música de Candeán volvemos á carga! Un ano máis, seguiremos pasando bos ratos, seguiremos dándolle uso ás novas aulas pero o máis importante é que seguiremos facendo música como só nós sabemos.
Agardamos contar con todos os do ano pasado e por suposto, estaremos encantados de que novos alumnos cheguen a nosa escola: sempre hai sitio para todos!

O próximo mércores 13 de setembro ás 19:30 teremos a reunión de presentación da escola de música de Candeán:

  • Coñece as nosas estupendas instalacións.
  • Profesorado titulado e especializado en cada materia.
  • O mes de setembro será de portas abertas para poder probar as clases.

Esperámoste!!!

1 year, 2 months ago Comentarios desactivados en Escola de música: curso 2017 – 2018

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies