Inicio
Qué ides facer o sábado á noitiña?? Sexa o que sexa cancelade o plan! Tráiovos un concertazo!
A Banda de Candeán versionará cancións de bandas sonoras coa inestimable axuda do gaiteiro Álvaro Costas, impulsor do espectáculo MITIC.
A cita será este sábado 16 de xullo ás 21h nos xardís da UVCD de Candeán. Ademáis, faremos unha recollida de donativos para as persoas desfavorecidas da parroquia polo que contamos con toda a vosa colaboración por pequena que sexa.
Déixovos o cartel pero xa vedes que é un concerto que merece a pena non perdelo!
Vémonos alí!
O próximo domingo 8 de maio comeza o noso ciclo de concertos. Este ano a nosa Primavera Musical chega xa á súa oitava edición!
Os nosos fieis seguidores saben xa que é unha data que non pode faltar no calendario e na Banda de Candeán estamos moi orgullosos dela.
Agardamos vervos a todos alí!
O vindeiro domingo 8 de maio celebrarase en Xinzo a XXII edición do Festival de Bandas de Música. Este ano estará adicado a Daniel R. Castelao.
Estaremos encantados de que nos acompañedes neste festival!
Vémonos alí!
Planazo para esta fin de semana: o noso II Concerto de Solistas!!!
A cita terá lugar este domingo día 28 de febreiro no Salón de Actos da UVCD de Candeán as 19h.
Estaremos encantados de que nos acompañedes.
Vémonos alí!
O verán está a piques de rematar e na escola de música de Candeán volvemos á carga! Un ano máis, seguiremos pasando bos ratos, seguiremos dándolle uso ás novas aulas pero o máis importante é que seguiremos facendo música como só nos sabemos.
Agardamos contar con todos os do ano pasado e por suposto, estaremos encantados de que novos alumnos cheguen a nosa escola: sempre hai sitio para todos!
A mediados de mes convocaremos unha reunión para acordar temas de profesores, horarios e demais.
ATENCIÓN! Xa hai data para a reunión: será o mércores 16 de setembro ás 20h00, no local da banda. Vémonos!
Botádelle un ollo ao programa das bandas de música para as festas grandes de Vigo deste 2015. Este ano, ademais do tradicional ciclo da Plaza da Princesa, as bandas da cidade estamos a preparar un concerto moi especial chamado “Música de cine coas bandas”. A Banda de Candeán tocará o día 13 ás 21h, na mesma Plaza da Princesa (acompañados do DinoSeto) e recoméndovos que non o perdades!!
Vémonos alí!
Déixovos o cartel do xa tradicional Festival de Bandas Escola. A cita é o domingo 28 ás 20h. Este ano teremos ao fantástico cuarteto de clarinetes da escola de teloneiros; despois será o turno da Banda-Escola do Ateneo Musical de Bembrive e para terminar a Banda-Escola da casa.
Recoméndovos que non o perdades, porque será unha despedida por todo o alto a este curso 2014-2015. Vémonos alí!
Os alumnos da nosa escola xa están ultimando os detalles para mostrar todo o seu talento musical e o traballo realizado neste curso. Non volo perdades!!!
Un ano máis comeza a Primaveira Musical en Candeán! Este ano contaremos ca participación dos nosos compañeiros das bandas de Valladares e Bembrive e, coma todos os anos, será nosa banda a que peche o cicloo último domingo de maio.
Os concertos terán lugar os domingos 10, 17 e 31 de maio ás 12h30 da mañán no adro da igrexa de Candeán. Estades avisados!