Inicio
Mañán no auditorio de Bembrive actuará a banda da nosa escola de música no IV Festival de Bandas escola da Deputación de Pontevedra, xunto cos compañeros de San Miguel, Valladares, Cabral, Beade, Bembrive e Matamá. Esperámosvos!!
Arrancamos os concertos do 2015! Traémosvos unha proposta na que levamos xa un tempo traballando e non vos vai defraudar. Un concerto de solistas! Poderedes escoitar temas moi coñecidos da man dos nosos músicos máis valentes, casi todos os instrumentos terán o seu momento de gloria.
A cita será este sábado 14 de marzo ás 20h no salón de actos da UVCD de Candeán.
Ademáis teremos teloneiros! O cuarteto de clarinetes da escola de música comezará este serán musical como aperitivo do plato principal: os solistas.
Isto promete, non o perdades!
Vémonos alí!
Baleirade as vosas axendas para este sábado! Achégase unha das datas máis importantes do ano para calquera músico: Santa Icía.
Convidámosvos a unha tarde de boa música o próximo sábado día 22 de novembro, para celebrar con nós esta festividade que ademais é o XIX aniversario da Banda de Candeán.
A tarde comezará co xa tradicional pasarrúas ás 17:45h. E a partires das 19h30, agadámos esteades todos enchendo o salón de actos da asociación de veciños de Candeán para escoitar á banda escola e á banda dos maiores.
Déixovos o cartel para que vos vaiades facendo á idea. Ídelo perder?
Vémonos alí!
Co verán rematado e as pilas recargadas, a Escola da Banda de Música de Candeán volve a abrir as súas portas para todos vós un ano máis.
A oferta de instrumentos é moi amplia e abarca todos os gustos: linguaxe musical, xardín musical, banda escola, trompeta, frauta, clarinete, tuba, trompa, trombón, bombardino, saxofón, oboe, piano, percusión e violonchelo. Ademais, impartirase tamén o grupo de adultos que tanto éxito tivo nos últimos cursos.
Se queredes ter máis información, recomendámosvos que veñades este mércores día 10 de setembro ás 20h á reunión que terá lugar nas instalacións da escola.
Agardámosvos!